Saltar ao contido

A formiga atómica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A formiga atómica
Tamén coñecido comoAtom Ant
XéneroCiencia ficción
FormatoAnimación
Creado porWilliam Hanna
Escrito porTony Benedict
Warren Foster
Dirixido porJoseph Barbera
William Hanna
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas2
Episodios26
Produción
Produtor(es)Hanna-Barbera
Duración30 minutos
DistribuidorRhodes Productions
(1970-1971)
Emisión orixinal
Primeiro episodio2 de outubro de 1965
Derradeiro episodio31 de agosto de 1968
Na rede
IMDB: tt0058789 Allocine: 5924 TV.com: shows/the-atom-ant-show Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A formiga atómica (en inglés: Atom Ant) é unha personaxe de debuxos animados que representa unha formiga superheroe. Foi creada por creada por William Hanna e Joseph Barbera en 1965.

Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.

Características

[editar | editar a fonte]

A formiga atómica ten a súa base nun formigueiro onde posúe un sistema informático e mais un ximnasio. Os seus poderes principais son a capacidade de voar, a velocidade vertixinosa e unha forza asombrosa. Vai equipada cun casco con dous buratos por onde lle saen as antenas coas que capta as chamadas de perigo. Ademais leva unha camiseta cun grande "A" escrito como abreviatura de Atom Ant. A miúdo é a policía quen a avisa para encargarlle misións, se ben moitas delas son parodias de Batman.

O seu nome é practicamente homófono de adamant, palabra inglesa que significa "inflexíbel", o que xogaría coa forza característica das formigas. O seu grito de guerra é: "Contra o mal, a Formiga Atómica!" ("Up and At 'em, Atom Ant!" en inglés).

Episódios

[editar | editar a fonte]
Ep. Título orixinal Título Galicia
1 "Up and Atom" "Alí vai a formiga atómica"
2 "Crankenshaft's Monster" "O Monstro do veo de manivelas"
3 "Gem-A-Go-Go" "Xema a go-go"
4 "Ferocious Flea" "A pulga feroz"
5 "Rambling Robot" "O robot errante"
6 "Nobody´s Fool" "Ninguén é parvo"
7 "Atom Ant Meets Karate Ant" "A formiga atômica contra a formiga karateca"
8 "Fastest Ant In the West" "A formiga mais rápida do oeste"
9 "Mistaken Identity" "Identidade errónea"
10 "How Now Bow Wow" "Guau, cómo se arquea agora"
11 "Dragon Master" "Mestre dragón"
12 "The Big Gimmick'" "O gran truco!"
13 "Super Blooper" "Super parvo"
14 "Wild, Wild Ants" "Formigas salvaxes, salvaxes"
15 "Dina-Sore" "Dinosaurio"
16 "Amusement Park Amezement" "Sorpresa no parque de atraccións"
17 "Bully For Atom Ant" "Un touro para a formiga atómica"
18 "Termighty Mean" "A termita perigosa"
19 "Nine Strikes You´re out" "Nove contra unha"
20 "Go West Young Ant" "Vai ao oeste formiguiña"
21 "Knight Fight" "Loita de cabaleiros!"
22 "Pteraducktyl Soup" "Sopa de pterodáctilo"
23 "Up in the Air Squares" "Lanzando edificios polo ar"
24 "Mouser-Rouser" "Axitador ratoeiro!"
25 "Killer-Diller Gorilla" "O Gorila Matador"
26 "Rock-a-Bye Boo-Boo" "Rock a bye boo-boo"

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]